Vindeira asemblea precarias 23/06/08

A vindeira asemblea de precarias será o luns 23 de xuño ás 20.30 na Cova dos ratos.

Vindeira asemblea de Precarias 9/06/08

A vindeira asemblea de Precarias será o luns 9 de xuño ás 20.30 na Cova dos Ratos.

Acción polo dereito ao transporte 25/05/08

Presentamos a crónica e as imaxes da acción realizada o domingo 25 de maio despois da manifestación de "A RÍA NON SE VENDE". Máis info na Indymedia.

Vindeira asemblea de precarias 26/05/08

A próxima asemblea de Precarias en Loita será o luns 26 ás 20:30 h na Cova dos Ratos.

Video do bloco precario do 1º de maio

1º Maio do Bloco Precario

Presentamos a crónica do bloco precario no 1º de maio, no enlace na Indymedia podedes ver ademais algunhas fotos.

Contra a alta velocidade do traballo precario

Presentamos o texto elaborado por Precarias en Loita con motivo do 1º de maio do 2008.

Podedes ver algunhas imaxes o bloco precario na Galería

1 de maio, bloco das Precarias en Vigo

Este ano animamos de novo á xente de toda Galiza a facer con nós un bloco Precario na Mani da CGT-CUT en Vigo, sairá da Praza Fernando O Católico ás 11.00 h.

O lema elixido "Contra a Alta Velocidade do Traballo Precario" é un xogo de palabras sobre a chegada do AVE a Galiza e o seu grande impacto, e ese espíritu que se nos impón da alta velocidade capitalista: que destrúe as condicións laborais, aumenta os accidentes laborais, crea postos de traballo precarios a cambio da destrucción do medio, marca ritmos de traballo inhumanos, etc.

Vindeira asemblea de precarias 28/04/08

A vindeira asemblea de precarias será o luns 28 de abril ás 20.30 na Cova dos Ratos.

Proxeccións "Precarity" e palestra sobre "Saúde laboral e crimes patronais"

As xornadas "A realidade da precariedade laboral e social hoxe" comezaban o venres 4 de abril no C.S. "A Revolta" coa proxección de varios documentais do DVD "Precarity". A estes vídeos achegáronse ao redor dunhas 20 persoas que puideron visionar as accións de grupos que loitan en diferentes territorios contra a precariedade.