1º Maio do Bloco Precario

O pasado 1 de maio volvemos xuntarnos entre 150 e 200 persoas (dependendo do momento) para facer un bloco precario na mani da CGT-CUT.

Antes de comezar a mani colgamos unha faixa co lema “Contra a alta velocidade” desde a Vía Norte para que se vira desde a Renfe, según as compas de Galiza Livre na estación había presenza policial por se se repetía a viaxe gratuíta do ano pasado.

No bloco levabamos unha faixa de cabeceira co lema “Paremos a Precariedade, Dereitos Sociais Xa” e logo ían a faixa da Asemblea de Mulleres co lema "Nem escravas do trabalho, nem do heteropatriarcado" e da Asemblea Antifascista.

Para dar un impacto visual, levabamos un Tren de Alta Velocidade cunha locomotora conducida por un demo e uns vagóns nos que ían diferentes problemáticas asociadas á precariedade (traballo basura, accidentes laborais, especulación, destrución do medio, etc).

Durante o percorrido para facelo máis ameno unhas compañeiras acompañaban a marcha con música, pero durante todo o percorrido non deixamos de corear os lemas contra a precariedade, os accidentes laborais, o capitalismo, a liberdade das presas, etc.

Un grupiño ao paso da mani ía decorando as fachadas das empresas e bancos que nos explotan durante todo o ano, tanto con esprais como con pegatas, e a moitos dos locais que decidiron abrir nesta data de loita, lembráronlle que no 1 de maio non se traballa, con bombas fétidas e de palabra…

Ao rematar o percorrido dos sindicatos, agardamos a que lesen os seus comunicados e animamos ás asistentes a romper con nós o Tren Da Precariedade, e que nos acompañasen nun último tramo pola rúa do Príncipe, aquí continuamos denunciando todo o anterior, pero tamén lembrando que precisamos espazos público para as persoas e non rúas peonais que se convertan en Centros Comerciais abertos, tamén lembramos a recente decisión de poñer nesta rúa cámaras de videovixilancia.

Ao paso polo local do Círculo Mercantil que visitamos o ano pasado, tiñamos presenza policial polo que desta vez só nos comunicamos con elas desde fora.

Rematamos o percorrido no cruce con Colón agradecendo a todas a asistencia e lembrando que tiñamos un xantar comunitario no LS Faísca.