Proxeccións "Precarity" e palestra sobre "Saúde laboral e crimes patronais"

As xornadas "A realidade da precariedade laboral e social hoxe" comezaban o venres 4 de abril no C.S. "A Revolta" coa proxección de varios documentais do DVD "Precarity". A estes vídeos achegáronse ao redor dunhas 20 persoas que puideron visionar as accións de grupos que loitan en diferentes territorios contra a precariedade.

O xoves 10 de abril na Cova dos Ratos Anxo Ferreiro, membro da CIG, presentou a situación legal no estado Español en materia de riscos laborais. Ao seu parecer atopámonos ante unha boa lei, pero que se atopa con dificultades á hora de implementala nos centros de traballo. Xunto a esta exposición apareceu no diálogo o papel que están a xogar os sindicatos nas empresas, a falla de militancia nesta sociedade, etc.