1 de maio, bloco das Precarias en Vigo

Este ano animamos de novo á xente de toda Galiza a facer con nós un bloco Precario na Mani da CGT-CUT en Vigo, sairá da Praza Fernando O Católico ás 11.00 h.

O lema elixido "Contra a Alta Velocidade do Traballo Precario" é un xogo de palabras sobre a chegada do AVE a Galiza e o seu grande impacto, e ese espíritu que se nos impón da alta velocidade capitalista: que destrúe as condicións laborais, aumenta os accidentes laborais, crea postos de traballo precarios a cambio da destrucción do medio, marca ritmos de traballo inhumanos, etc.

Pola recuperación o 1 de maio como día de loita laboral, social, ecolóxica, precaria...