Os piratas reconquistaron Toralla contra a especulación

Por segundo ano o colectivo Xogo Descuberto convocou a centos de "piratas" para tomar a illa de Toralla como xeito de denuncia contra a especulación.

O acto coincidía no mesmo fin de semana no que se celebraba na ría de Vigo a Powerboat, campionato do mundo de embarcacións monocasco.

O asalto foi por terra e mar, con alomenos unha ducia de embarcacións que chegaron ata a illa onde na entrada da mesma deuse lectura do manifesto. Logo foi cando a policía comezou a súa participación con: agresións, identificacións indiscriminadas, etc.

Podedes ver as novas publicadas en: Vieiros, Voz de Galicia e Ceivar.

En Gzvideos podedes atopar un video do acto.