Por un nadal menos consumista :: 27/12/08

Este sábado 27 de decembro, as asociacións Amarante, Árbore, Asamblea de Mulleres, Caleidoskopio, C.S. Formiga, Foro da Mocidade, Precarias en Loita, Verdegaia, Sensumisas, Xogo Descoberto e o Centro Social do Calvario organizamos unha xornada contra o consumismo co seguinte programa:
Pola mañá:
- MERCADIÑO DE TROCO E CESIÓN, como cada último sábado de mes, na rúa
Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, entre as 11:00 e as 13:00 horas
(se chove, no Centro Social Calvario, na rúa Numancia 3).

- Taller de reciclaxe, a carón do mercadiño.

Pola tarde:

- Nova edición do MERCADIÑO DE TROCO E CESIÓN, desta volta na praza da Princesa, entre as 17:00 e as 19:00 horas.

- Taller de reciclaxe, a carón do mercadiño.

- Acción de rúa contra o cosumismo, a partires das 19:00.

Nesta ocasión, o mercadiño contará cunha sección
especial para o troco de xoguetes nos que os principais protagonistas á
hora de trocar serán os nenos e as nenas. Que sexan eles/as os que
leven os seus xoguetes e os troquen por outros que lles fagan maior
ilusión.

Todo aquela persoa que queira participar nesta
experiencia poderá pasarse pola rúa Urzáiz ou pola praza da Princesa
levando aqueles bens —roupa, libros, música, obxectos decorativos,
artesanía, electrónica, mobles e o que a cada quen lle pete— que queira
trocar ou ceder voluntariamente a outras persoas. A idea é fomentar a
cesión desinteresada dos obxectos que non utilizamos (e que ben lle
poden servir a outras persoas) ou o seu intercambio por aqueles
obxectos ou bens dos que si precisamos.