Polo dereito social á vivenda e contra a especulación

A vivenda deixou de ser xa un ben de uso e converteuse nunha simple mercadoría de luxo e nun valor da especulación.

O modelo da cidade supedítase aos intereses especulativos inmobiliarios e as diferentes administracións públicas colaboran nisto de forma definitiva, coa escusa de que é o motor do crecemento económico, sen darse de conta de que esta chamada burbulla ademais das graves consecuencias sociais que ten, pode explotar en calquera momento provocando unha gravísima crise económica. Proba disto é que na nosa cidade este mercado xa comeza a ralentizarse.

Neste enlace máis: dereito vivenda indymedia