Os piratas toman Toralla

Ao redor de 300 piratas tomamos nun acto festivo e lúdico a illa de Toralla cunhas consignas claras: rematar coa especulación urbanística no litoral e reclamar o uso público da illa.

As precarias xunto a diferentes grupos da cidade apoiamos ao colectivo Xogo descuberto nesta primeira reconquista da illa de Toralla.
O ataque fíxose por mar, cunha ducia de embarcacións, e pola ponte tomada polos piratas que con lemas e música chegaron á praia onde despois do baño leuse o manifesto.

Despois disto tomamos a illa de forma pacífica, ata que chegaron os antidisturbios. Destacou negativamente a súa actuación fora de tono, que rematou coa agresión a un compañeiro: agresión na Voz

Podes ver máis información e fotos nos enlaces: toralla na indymedia e cronica xogo descuberto e o video do acto en: video toralla