2º roteiro casco vello e barrio do Cura

O roteiro o comezamos dende a Porta do Sol para facer a primeira parada no mirador da Pedra, aproveitamos para despedirnos das vistas á ría que tapa o novo centro comercial.
O camiño proseguiu por diferentes rúas do casco vello onde íamos marcando casas ou lugares afectados polo abandono ou pola especulación. Especial fincapé fixemos no "convento das Hermanitas" edificio mercado por un grupo inmobiliario encabezado polo ex-futbolista Karpin.
Ao longo do camiño sucedéronse as intervencións da veciñanza.
Para rematar decoramos con faixas e pintadas a Panificadora e denunciamos esta situación deixando constancia na xerencia de urbanismo.
Máis info en: Galiza indymedia e fotos neste enlace a Luar.