Precariedade afectiva

A palestra/proxección de Precarias en Loita no CS Revolta estivo composta
por catro blocos temáticos:

- A hiperxpresividade coma causante das patologias contemporáneas con
predominio do síndrome de pánico. Psiquiatría como dispositivo de controlo
e individualización do malestar social vs antipsiquiatría (coa
participación de Forza Eskizoa).

- A crise dos coidados. Análise do sector mercantilizado e do invisibél
(proxección dun fragmento do vídeo de Precarias á Deriva).

- A comunicación e a interrelación en grupos como dereito social básico. A
comunicación asertiva e os dereitos da persoa coma campo de aplicación ao
asemblearismo.

- Identidades múltiples sexuais e movemento queer coma anagonismo ao
sistema político do heteropatriarcado (novo fragmento do vídeo citado).

Sentadas en círculo á mesma altura produciu-se un proceso de reflexión
conxunta e propostas de autorganización para contraponherse ao sistema de
relacións dominantes. Tampouco queremos ser precarias afectivas!!!