Acto polo dereito ao transporte público do 22/12/07

Iniciouse o acto lendo o manifesto da campaña e berrando lemas reivindicando a gratuidade do transporte, ao mesmo tempo dúas compañeiras encaramáronse ao teito do posto informativo que Vitrasa (empresa concesionaria do bus urbano de Vigo) ten no comezo da rúa Policarpo Sanz, alí colgaron unha faixa reclamando a gratuidade do transporte, así como varios cartaces A2 co logo da campaña.

Boa parte das precarias acudiron ao acto con piruletas con lemas contra o AVE, polo carril bici, contra Vitrasa, ou pola gratuidade do transporte; pola súa parte as compañeiras de OAR levaban unhas bandeiras contra a Autovía de Redondela, e montaron una mesa informativa no comezo da rúa Príncipe para seguir recopilando alegacións contra a brutal agresión que supón ese proxecto, ademais de berrar lemas e consignas a xente de Xogo Descuberto acompañou o acto coa súa música.

Unha vez que a xente se repartiu entre Príncipe, Policarpo Sanz e o Posto de Vitrasa, dous grupos marcharon polas paradas para colar cartaces da campaña nas marquesinas e nos autobuses, así como para informar das nosas reivindicacións á xente que subía aos mesmos.

Pasadas as seis da tarde regresaron as compañeiras que foron de pegada e as que permanecían no teito do posto informativo baixaron, encamiñámonos entón cos nosos lemas e a nosa música cara á moi próxima praza da Princesa, onde limos de novo o manifesto, e permanecimos alí colando cartaces a tódolos buses que pasaron ata as sete menos vinte da tarde.

Durante o acto repartimos catrocentos panfletos, colamos oitenta cartaces nos buses, así como varios centos de pegatas polas paradas, bancos, paredes, etc.

Sen ningún tipo de incidente e cunha boa acollida por parte das usuarias do transporte público, rematamos este acto de inicio de campaña.

Podedes ler maís cousas do acto e fotos na indymedia.