Galiza Non Se Vende: manifestación contra a destrución do territorio

Medio cento de colectivos convocamos o domingo 17 de febreiro en Santiago de Compostela esta manifestación para amosar que non imos permitir a destrución do territorio.

As precarias faremos un bloque propio contra o TAV/AVE, portando unha faixa co lema: "Contra a Alta VElocidade da Precariedade".

Haberá autocarros da comarca de Vigo, os tickets están na venda na Cova e outros centros sociais para comezar a manifestación ás 12.00 dende a Alameda.

Podedes ter máis información en: www.galizanonsevende.org