Vindeira asemblea de precarias 21/04/08

A vindeira asemblea de precarias será o luns 21 de abril ás 20.30 na Cova dos ratos.

Mesa redonda en Coia: "Precariedade e exclusión"

O pasado sábado 12 de abril finalizaban as xornadas "A precariedade laboral e social hoxe" organizadas polas precarias cunha mesa redonda en Coia.

Xuntámonos ao redor de trinta persoas no que foi unha tarde de reflexión e diálogo.

Acto de rúa 19/04/08: "Por un novo modelo urbano e de mobilidade"

O vindeiro sábado 19 de abril ás 18.00 h no cruce de Príncipe con Colón celebramos o Día da Terra cun acto de rúa en defensa dun novo modelo urbano e de mobilidade.

Vindeira asemblea de precarias 14/04/08

A vindeira asemblea de Precarias en Loita será o luns 14 de abril ás 20.30 na Cova dos Ratos

Xornadas sobre precariedade "A realidade da Precariedade Laboral e Social hoxe"

Precarias en Loita organiza estas xornadas co título "A realidade da Precariedade Laboral e Social hoxe", as actividades son:

- Proxección de partes do documental "Precarity". Venres 4 de abril ás 20.30 no C.S. A Revolta.

- Palestra: "Saúde Laboral e Crimes Patronais" a cargo do Secretario comarcal de Saúde Laboral da CIG en Vigo. Xoves 10 de abril ás 20.30 no C.S. Cova dos Ratos.

- Mesa redonda sobre "Precariedade e Exclusión". Sábado 12 de abril ás 19.00 no salón de actos da parroquia do Cristo da Victoria en Coia.

Vindeira asemblea de precarias 31/03/08

A vindeira asemblea de Precarias en loita será o luns 31 de marzo ás 20.30 na Cova dos Ratos.

Vindeira asemblea de precarias 17/03/08

A vindeira asemble será o luns 17 de marzo ás 20.30 na Cova dos Ratos

Mani nacional de Galiza Nom Se Vende

O pasado domingo 18 de fevreiro tivo lugar a segunda mani nacional da rede Galiza nom se vende. Umhas 10.000 pessoas asistimos a visivilizaçom conjunta do trabalho de defessa do território que a um nível local e de solidariedade reticular mutua vén-se dando entre os colectivos-nodos que a integram.

As Precarias em Luita portamos umha faixa antiTAV no percorrido, apostando pola linha da nossa campanha polo dereito social a um transporte público gratuito e a um outro modelo de mobilidade -repartíndo-se também trípticos-.

Palestra sobre a loita contra o Tren de Alta Velocidade en Euskadi

O sábado 17 Precarias contou coa presencia de J. Rodríguez Hidalgo, membro da asemblea anti-TAV de Euskadi na Cova dos Ratos. Nun ambiente distendido e participativo, describiu diacrónicamente a evolución da asemblea: orixe, redes previas, estratexia e realidade actual, proxectos cara ao futuro...e esbozou unha crítica holista contra o actual modelo de mobilidade.

Vindeira asemblea de precarias 3/03/08

O vindeiro luns 3 de marzo ás 20.30 na Cova dos Ratos temos próxima asemblea.

Video da acción contra o centro comercial da Laxe en Vigo

Aquí tedes o vídeo da acción conra o centro comercial de A Laxe en Vigo, podedes ler máis información no enlace na indymedia.

Palestra: "A loita contra o Tren de Alta Velocidade en Euskadi e o modelo actual de mobilidade"

Precarias en loita convídavos á palestra a cargo de Juan Hidalgo, membro da asemblea anti-TAV de Euskadi, será o sábado 16 de febreiro ás 19.30 na Cova dos Ratos.

Galiza Non Se Vende: manifestación contra a destrución do territorio

Medio cento de colectivos convocamos o domingo 17 de febreiro en Santiago de Compostela esta manifestación para amosar que non imos permitir a destrución do territorio.

Vindeira asemblea de precarias 18/02/08

A vindeira asemblea de Precarias en Loita será o luns 18 de febreiro ás 20.30 na Cova dos Ratos.

Blog de "Xogo Descuberto"

O colectivo Xogo Descuberto estrea espazo na rede a través dun blog: www.xogo-descuberto.blogspot.com

Este colectivo naceu no ano 2005 e centra as súas actividades no barrio de Coia.

Primeiro xantar popular

Este domingo 10 de febreiro ás 15.00 na Cova dos Ratos terá lugar o primeiro xantar rotatorio entre os centros sociais de Vigo e bisbarra, que nacen coa intención de fomentar a convinvencia entre a xente de movimiento e propociornar calor colectivo e xantar a baixo prezo a todo aquel que o desexe.

Por favor cómpre confirmar a asistencia para poder organizarmos a partir das 13.00 quedamos para preparar as cousas.

Vindeira asemblea de precarias 4/02/08

A vindeira asemblea de precarias será o luns 4 de febreiro ás 20.30 na Cova dos Ratos.

Xornadas contra o Tratado de Lisboa

O Tratado de Lisboa é un instrumento que reforza as políticas neoliberais, a competitividade e o déficit democrático da Unión Europea, perpetúa o poder das multinacionais e incrementa a represión e a militarización de Europa, con graves consecuencias sociais (máis desemprego, pobreza e precariedade) e medioambientais (máis Cambio Climático por exemplo).

Esta semana na Cova dos Ratos haberá un charla-coloquio: Que é o Tratado de Lisboa (xoves 24 de xaneiro ás 20.00 h).

Podedes ler máis información sobre as xornadas no blog do G.A.S. e sobre este tratado na web: www.tratadolisboa.blogspot.com

Vindeira asemblea 21/01/08

A vindeira asemblea de precarias será o luns 21 de xaneiro ás 20.30 na Cova dos Ratos.

Vindeira asemblea de precarias 7/01/08

O luns 7 de xaneiro ás 20.30 temos a primeira asemblea do ano na Cova dos Ratos.

Estreamos galería de imaxes

Esta semana estreamos unha galería de imaxes na web de precarias, na que iremos subindo imaxes dos actos realizados. Polo momento quedaron subidas as imaxes do 2º Roteiro e do último acto polo dereito ao transporte.

Podedes acceder a ela facendo clic no menú Galerías.

Acto polo dereito ao transporte público do 22/12/07

Na mesma semana en que Vitrasa e o Concello anunciaron a suba no Vitrasa para o ano 2008, polo que o billete do autobús urbano pasará a costar 1,08 €, fixemos en Vigo un acto para contribuir a que a veciñanza de Vigo reflexione sobre o modelo urbano e de transporte que sufrimos na nosa cidade. Así como o abusivo de que empresas privadas cobren prezos abusivos e se lucren cunha necesidade básica na nosa sociedade como é o tranporte.
Arredor das cinco e vinte do sábado 22, medio cento de persoas acudimos á convocatoria de Precarias en Loita para reivindicar o Dereito Social ao Transporte, na Porta do Sol de Vigo.

Acto polo dereito social ao transporte

Precarias en Loita convoca un acto de rúa polo dereito social ao transporte en Vigo. Será o vindeiro sábado 22 de decembro ás 17.00 na Porta do Sol.
Aquí tedes o manifesto

Polo transporte público gratuíto, e por un novo modelo urbano e de mobilidade

Manifesto elaborado por Precarias en Loita no que reivindica o dereito a un transporte público gratuíto e defende un novo modelo urbano e de mobilidade.

Manifestación convocada pola "Ría non se vende" contra o PXOM

A Ría Non se Vende convoca unha manifestación contra o PXOM o sábado 15 ás 18.00 no Marco.
As precarias participaremos na mesma levando piruletas sobre o problema de vivenda.
Máis info na indymedia.

Vindeira asemblea 17/12/07

A vindeira asemblea será o luns 17 de decembro ás 20.00 na Cova dos Ratos.

Palestra: As bandas de jovens proletari@s, os suburbios e contrapoder na Francia

Este martes 4 de decembro ás 21.30 na CSA A Revolta.

Desde as `banlieu´ de Marselha o activista e analista Alessi Dell'Umbria falará das revoltas dos bairros populares de frança (pos)republicana actual.

Precariedade afectiva

A palestra/proxección estivo composta por catro blocos: a hiperxpresividade, a crise dos coidados, a comunicación e interrelación en grupos e as identidades múltiples sexuais e movemento queer.

Vindeira asemblea luns 3/12/07

A vindeira asemblea será o luns 3 de decembro ás 20.30 na Cova dos Ratos.

Palestra/Projeccon: Outro eijo da precariedade: a precariedade afectiva

Será o martes 20 de novembro ás 20.30 na Revolta (rúa Real 32 -Vigo-).
A precariedade afectiva é umha vertente máis da precariedade existêncial e a atomizaçom social que asola a urbe capitalista. A comunicaçom com a outra e a interrelaçom em grupos e em comunidades constitúe um dereito social básico.
Afrontaremos também o eijo laboral do seitor coidados (trabalhadoras sexuais, enfermeiras, educadoras...), assim como a loita frente ao eteropatriarcado e a defessa de toda dissidencia sexual.