Vindeira asemblea de precarias 19/11/2007

O vindeiro luns 19 de novembro ás 20.30 temos asemblea de precarias na Cova dos Ratos.

Presentación na Cova dos Ratos "Servizo de información de dereitos sociais"

Presentación do "Servizo de información de dereitos sociais", sábado 17 de novembro ás 20.00 na Cova dos Ratos (Romil 3).
Ademais contaremos coa presenza de Manolo Saez -membro de Baladre- que nos falará da experiencia doutras oficinas do estado.
A oficina leva funcionando dende o mes de setembro co obxectivo de ofrecer información alternativa sobre prestacións sociais (tipos de axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse...) e denunciar a pobreza e a precariedade.

Vindeira asemblea de precarias 12/11/2007

A vindeira asemblea de precarias será o luns 12 de novembro ás 20.30 na Cova dos Ratos (Romil, 3)

Blog do Grupo de Axitación Social (G.A.S.)

O Grupo de Axitación Social (G.A.S) estrea presenza na rede a través dun blog o enderezo é: grupodeaxitacionsocial.blogspot.com
Se queredes poñervos en contacto podedes enviar un email a: gasvigo@moviments.net
gas

Presentación do DVD "O AVE, de Barcelona a Galiza"

A presentación do DVD está organizada por: Grupo de Axitación Social e asociación Caleidoskopio será o venres 2 de novembro ás 20:30 na Cova dos Ratos.

Vindeira asemblea de precarias: xoves 1/11/07

A próxima asemblea será o xoves 1 de novembro, ás 20:30 día festivo na Cova dos Ratos.

Campaña publicitaria: Servizo información sobre dereitos sociais

O servizo de información de dereitos sociais ofrece información alternativa sobre prestacións sociais (tipos de axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse...) e acompañamento na denuncia da pobreza e da precariedade.
O fin é avanzar - ou non retrodecer - no recoñecemento dos dereitos sociais e facer visible a pobreza e a exclusión na que viven moitas persoas do noso arredor.

Vindeira reunión de precarias 15/10/07

O luns 15 de outubro ás 20.30 na Cova dos Ratos quedamos para a próxima asemblea de precarias.

2º roteiro casco vello e barrio do Cura

O sábado 6 de outubro ao redor dun cento de persoas percorremos as rúas do casco vello e do barrio do cura para denunciar a especulación e o abandono que sofren as mesmas.

Charla sobre as vilas miseria en Arxentina

A charla organizada por precarias titúlase: Autoorganización dende abaixo, toma de terras e traballo barrial nas Vilas Miseria de Arxentina; a cargo de Miguel do "Movimento Terra e Liberdade".
Será o xoves 4 de outubro ás 20.00 h na Cova dos Ratos.

Roteiro polo Dereito á Vivenda 6 de outubro

O sábado día 6 de outubro ás 18.00 h sairemos dende a Porta do Sol, para facer un roteiro contra a especulación e o abandono de moitos edificios no espazo urbano, especialmente no Casco Vello e no Barrio do Cura.
Animamos á xente a que traia sprais e plantillas de todo tipo.
Máis info na indymedia: roteiro 6 outubro

Servizo de información de dereitos sociais

No mes de setembro abriuse un servizo de información de dereitos sociais en Coia (Baiona 9 baixo -locais da parroquia Cristo da Victoria) que estará aberto todos os luns de 17.00 a 19.00.

Vindeira asemblea de precarias 1/10/2007

O luns 1 de outubro ás 20.30 na Cova dos Ratos.

A todo tren

Podedes ler o artigo de precarias para a revista Rojo y negro no seguinte enlace: a todo tren

Os piratas toman Toralla

Ao redor de 300 piratas tomamos nun acto festivo e lúdico a illa de Toralla cunhas consignas claras: rematar coa especulación urbanística no litoral e reclamar o uso público da illa.

Reconquista de Toralla ´07

O colectivo Xogo Descuberto convídanos o sábado 8 de setembro ás 18:00 á I Reconquista da illa de Toralla, coa que pretendemos reinvidincar o uso da illa por parte de tod@s e manifestar a nosa repulsa ás construccións feitas nela, en especial á torre.

Precarias en GZnación

O xornal dixital GZnacion publicou un artigo co nome "Precari@s: a autoorganización posíbel" que repasa a diferentes colectivos que traballan en Galiza o problema da precariedade.

Podedes ler o artigo neste enlace: gz nacion precarias

Vindeira asemblea de precarias 17/09/2007

O luns 17 de setembro ás 20.30 na Cova dos Ratos teremos nova asemblea.

Proxeccións documentais en Teis

O sábado 8 de setembro celebraráse a estrea da curtametraxe "Berros" e o documental "Pilar e Alicia", escritas e dirixidas por Miguel A. Romero, no Centro Cívico de Teis (Cmño. Maceiras, s/n) ás 21:00 horas.

A temática dos dous traballos xira entorno a destrución do Casco Vello vigués e a expulsión e desaparición da poboación autóctona do barrio histórico.

Okupación en Vigo

Crónica okupación Panificadora

Neste enlace: cronica pani indymedia

Trocos na web

Estamos de reformas na páxina de precarias co fin de que sexa unha ferramenta máis nas nosas loitas. Polo que tede paciencia!