Expo-concurso fotográfico

Neste enlace: expo foto indymedia

Multas pola protesta do 23-D

Neste enlace: multas indymedia

Protesta vivenda 23/12/07 Vigo

Neste enlace: vivenda decembro indymedia

Polo dereito social á vivenda e contra a especulación

A vivenda deixou de ser xa un ben de uso e converteuse nunha simple mercadoría de luxo e nun valor da especulación.
O modelo da cidade supedítase aos intereses especulativos inmobiliarios e as diferentes administracións públicas colaboran nisto de forma definitiva, coa escusa de que é o motor do crecemento económico, sen darse de conta de que esta chamada burbulla ademais das graves consecuencias sociais que ten, pode explotar en calquera momento provocando unha gravísima crise económica. Proba disto é que na nosa cidade este mercado xa comeza a ralentizarse.

Pintadas contra a especulación

Neste enlace: pintadas indymedia

Roteiro polo Casco Vello 2/12/06

Neste enlace: roteiro indymedia

Primeira asemblea do curso

Despois das vacaións de verán volve precarias o luns 3 de setembro ás 20.30 na Cova dos Ratos.

Este ano pretendemos traballar máis a fondo o problema do transporte, sobre todo facendo fincapé na entrada do TAV en Galicia.

contacto

Achégate polas asembleas que facemos os luns, aproximadamente cada 15 días, a partir das 20:00 nun centro social (xeralmente na Cova dos Ratos), para enterarte de cando é a vindeira xuntanza envía un mail a: precariasvigo@gmail.com

sobre precarias en loita

Precarias en loita é unha asemblea aberta na que participan persoas individuais próximas aos centros sociais de Vigo: A Cova dos Ratos e Revolta, así como da a.x. Luar ou G.A.S. e persoas doutros movementos de base locais. A finalidade da mesma é procurar xeitos de denuncia e resistencia fronte á precariedade laboral e social do sistema produtivo imperante.

Crónica e fotos da mani pola vivenda do 24/03/07

Podes ler máis información neste enlace na indymedia: mani 24 marzo