II Segunda Reconquista de Toralla´08

O colectivo Xogo Descuberto convídanos á II Reconquista de Toralla o sábado 13 de setembro ás 18.00 horas. Podede ler a convocatoria da reconquista...

¡Piratas! Este ano volvemos á carga. O sábado 13 de setembro ás 18:00
horas precisamos unir forzas de novo para reivindicar unha Illa de
Toralla aberta para todas e todos, e na que cesen por fin as
aberracións arquitectónicas que destrúen por completo o seu patrimonio
tanto natural coma cultural. De novo, a nosa protesta consistirá nunha
marcha pirata a través da ponte e máis da auga (traede a vosa
embarcación!), que rematará nunha concentración pacífica diante da
barreira. A abordaxe comeza de novo.