convocatorias

warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1388.

Blog de "Xogo Descuberto"

O colectivo Xogo Descuberto estrea espazo na rede a través dun blog: www.xogo-descuberto.blogspot.com

Este colectivo naceu no ano 2005 e centra as súas actividades no barrio de Coia.

Primeiro xantar popular

Este domingo 10 de febreiro ás 15.00 na Cova dos Ratos terá lugar o primeiro xantar rotatorio entre os centros sociais de Vigo e bisbarra, que nacen coa intención de fomentar a convinvencia entre a xente de movimiento e propociornar calor colectivo e xantar a baixo prezo a todo aquel que o desexe.

Por favor cómpre confirmar a asistencia para poder organizarmos a partir das 13.00 quedamos para preparar as cousas.

Vindeira asemblea de precarias 4/02/08

A vindeira asemblea de precarias será o luns 4 de febreiro ás 20.30 na Cova dos Ratos.

Xornadas contra o Tratado de Lisboa

O Tratado de Lisboa é un instrumento que reforza as políticas neoliberais, a competitividade e o déficit democrático da Unión Europea, perpetúa o poder das multinacionais e incrementa a represión e a militarización de Europa, con graves consecuencias sociais (máis desemprego, pobreza e precariedade) e medioambientais (máis Cambio Climático por exemplo).

Esta semana na Cova dos Ratos haberá un charla-coloquio: Que é o Tratado de Lisboa (xoves 24 de xaneiro ás 20.00 h).

Podedes ler máis información sobre as xornadas no blog do G.A.S. e sobre este tratado na web: www.tratadolisboa.blogspot.com

Vindeira asemblea 21/01/08

A vindeira asemblea de precarias será o luns 21 de xaneiro ás 20.30 na Cova dos Ratos.

Vindeira asemblea de precarias 7/01/08

O luns 7 de xaneiro ás 20.30 temos a primeira asemblea do ano na Cova dos Ratos.

Estreamos galería de imaxes

Esta semana estreamos unha galería de imaxes na web de precarias, na que iremos subindo imaxes dos actos realizados. Polo momento quedaron subidas as imaxes do 2º Roteiro e do último acto polo dereito ao transporte.

Podedes acceder a ela facendo clic no menú Galerías.

Acto polo dereito social ao transporte

Precarias en Loita convoca un acto de rúa polo dereito social ao transporte en Vigo. Será o vindeiro sábado 22 de decembro ás 17.00 na Porta do Sol.
Aquí tedes o manifesto

Manifestación convocada pola "Ría non se vende" contra o PXOM

A Ría Non se Vende convoca unha manifestación contra o PXOM o sábado 15 ás 18.00 no Marco.
As precarias participaremos na mesma levando piruletas sobre o problema de vivenda.
Máis info na indymedia.

Vindeira asemblea 17/12/07

A vindeira asemblea será o luns 17 de decembro ás 20.00 na Cova dos Ratos.

Palestra: As bandas de jovens proletari@s, os suburbios e contrapoder na Francia

Este martes 4 de decembro ás 21.30 na CSA A Revolta.

Desde as `banlieu´ de Marselha o activista e analista Alessi Dell'Umbria falará das revoltas dos bairros populares de frança (pos)republicana actual.

Vindeira asemblea luns 3/12/07

A vindeira asemblea será o luns 3 de decembro ás 20.30 na Cova dos Ratos.

Palestra/Projeccon: Outro eijo da precariedade: a precariedade afectiva

Será o martes 20 de novembro ás 20.30 na Revolta (rúa Real 32 -Vigo-).
A precariedade afectiva é umha vertente máis da precariedade existêncial e a atomizaçom social que asola a urbe capitalista. A comunicaçom com a outra e a interrelaçom em grupos e em comunidades constitúe um dereito social básico.
Afrontaremos também o eijo laboral do seitor coidados (trabalhadoras sexuais, enfermeiras, educadoras...), assim como a loita frente ao eteropatriarcado e a defessa de toda dissidencia sexual.

Vindeira asemblea de precarias 19/11/2007

O vindeiro luns 19 de novembro ás 20.30 temos asemblea de precarias na Cova dos Ratos.

Presentación na Cova dos Ratos "Servizo de información de dereitos sociais"

Presentación do "Servizo de información de dereitos sociais", sábado 17 de novembro ás 20.00 na Cova dos Ratos (Romil 3).
Ademais contaremos coa presenza de Manolo Saez -membro de Baladre- que nos falará da experiencia doutras oficinas do estado.
A oficina leva funcionando dende o mes de setembro co obxectivo de ofrecer información alternativa sobre prestacións sociais (tipos de axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse...) e denunciar a pobreza e a precariedade.

Vindeira asemblea de precarias 12/11/2007

A vindeira asemblea de precarias será o luns 12 de novembro ás 20.30 na Cova dos Ratos (Romil, 3)

Blog do Grupo de Axitación Social (G.A.S.)

O Grupo de Axitación Social (G.A.S) estrea presenza na rede a través dun blog o enderezo é: grupodeaxitacionsocial.blogspot.com
Se queredes poñervos en contacto podedes enviar un email a: gasvigo@moviments.net
gas

Presentación do DVD "O AVE, de Barcelona a Galiza"

A presentación do DVD está organizada por: Grupo de Axitación Social e asociación Caleidoskopio será o venres 2 de novembro ás 20:30 na Cova dos Ratos.

Vindeira asemblea de precarias: xoves 1/11/07

A próxima asemblea será o xoves 1 de novembro, ás 20:30 día festivo na Cova dos Ratos.

Campaña publicitaria: Servizo información sobre dereitos sociais

O servizo de información de dereitos sociais ofrece información alternativa sobre prestacións sociais (tipos de axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse...) e acompañamento na denuncia da pobreza e da precariedade.
O fin é avanzar - ou non retrodecer - no recoñecemento dos dereitos sociais e facer visible a pobreza e a exclusión na que viven moitas persoas do noso arredor.

Vindeira reunión de precarias 15/10/07

O luns 15 de outubro ás 20.30 na Cova dos Ratos quedamos para a próxima asemblea de precarias.

Charla sobre as vilas miseria en Arxentina

A charla organizada por precarias titúlase: Autoorganización dende abaixo, toma de terras e traballo barrial nas Vilas Miseria de Arxentina; a cargo de Miguel do "Movimento Terra e Liberdade".
Será o xoves 4 de outubro ás 20.00 h na Cova dos Ratos.

Roteiro polo Dereito á Vivenda 6 de outubro

O sábado día 6 de outubro ás 18.00 h sairemos dende a Porta do Sol, para facer un roteiro contra a especulación e o abandono de moitos edificios no espazo urbano, especialmente no Casco Vello e no Barrio do Cura.
Animamos á xente a que traia sprais e plantillas de todo tipo.
Máis info na indymedia: roteiro 6 outubro

Servizo de información de dereitos sociais

No mes de setembro abriuse un servizo de información de dereitos sociais en Coia (Baiona 9 baixo -locais da parroquia Cristo da Victoria) que estará aberto todos os luns de 17.00 a 19.00.

Vindeira asemblea de precarias 1/10/2007

O luns 1 de outubro ás 20.30 na Cova dos Ratos.

Reconquista de Toralla ´07

O colectivo Xogo Descuberto convídanos o sábado 8 de setembro ás 18:00 á I Reconquista da illa de Toralla, coa que pretendemos reinvidincar o uso da illa por parte de tod@s e manifestar a nosa repulsa ás construccións feitas nela, en especial á torre.

Vindeira asemblea de precarias 17/09/2007

O luns 17 de setembro ás 20.30 na Cova dos Ratos teremos nova asemblea.

Proxeccións documentais en Teis

O sábado 8 de setembro celebraráse a estrea da curtametraxe "Berros" e o documental "Pilar e Alicia", escritas e dirixidas por Miguel A. Romero, no Centro Cívico de Teis (Cmño. Maceiras, s/n) ás 21:00 horas.

A temática dos dous traballos xira entorno a destrución do Casco Vello vigués e a expulsión e desaparición da poboación autóctona do barrio histórico.

Trocos na web

Estamos de reformas na páxina de precarias co fin de que sexa unha ferramenta máis nas nosas loitas. Polo que tede paciencia!