artigos

Contra a alta velocidade do traballo precario

Presentamos o texto elaborado por Precarias en Loita con motivo do 1º de maio do 2008.

Podedes ver algunhas imaxes o bloco precario na Galería

Polo transporte público gratuíto, e por un novo modelo urbano e de mobilidade

Manifesto elaborado por Precarias en Loita no que reivindica o dereito a un transporte público gratuíto e defende un novo modelo urbano e de mobilidade.

A todo tren

Podedes ler o artigo de precarias para a revista Rojo y negro no seguinte enlace: a todo tren

Precarias en GZnación

O xornal dixital GZnacion publicou un artigo co nome "Precari@s: a autoorganización posíbel" que repasa a diferentes colectivos que traballan en Galiza o problema da precariedade.

Podedes ler o artigo neste enlace: gz nacion precarias

Polo dereito social á vivenda e contra a especulación

A vivenda deixou de ser xa un ben de uso e converteuse nunha simple mercadoría de luxo e nun valor da especulación.
O modelo da cidade supedítase aos intereses especulativos inmobiliarios e as diferentes administracións públicas colaboran nisto de forma definitiva, coa escusa de que é o motor do crecemento económico, sen darse de conta de que esta chamada burbulla ademais das graves consecuencias sociais que ten, pode explotar en calquera momento provocando unha gravísima crise económica. Proba disto é que na nosa cidade este mercado xa comeza a ralentizarse.