cronicas

Xornadas anticonsumistas en Vigo

Achegamos a crónica das Xornadas Anticonsumistas celebradas en Vigo no mes de decembro nas que Precarias participou xunto a: A Formiga, Asamblea de Mulheres, Foro da Mocidade, Semsumistas, VigoTroca (Amarante, Caleidoskopio, Centro Social do Calvario, Verdegaia) e Xogo Descuberto.

Podedes ler a crónica na Indymedia.

Precarias percorre os barrios do Calvario e Canadelo para denunciar a especulación

O sábado 15 de novembro un grupo dunhas 30 persoas convocadas por Precarias en Loita percorremos algunhas rúas do Calvario e Canadelo, que semellan esquecidas para a maior parte das viguesas.

Comezamos o roteiro nas ruínas do edificio Bandeira (cruce Aragón con Jenaro de la Fuente) que albergou unhas importantes bodegas que na actualidade parecen estar á espera do seu derribo.

especulen vida

Os piratas reconquistaron Toralla contra a especulación

Por segundo ano o colectivo Xogo Descuberto convocou a centos de "piratas" para tomar a illa de Toralla como xeito de denuncia contra a especulación.

Acción polo dereito ao transporte 25/05/08

Presentamos a crónica e as imaxes da acción realizada o domingo 25 de maio despois da manifestación de "A RÍA NON SE VENDE". Máis info na Indymedia.

Video do bloco precario do 1º de maio

1º Maio do Bloco Precario

Presentamos a crónica do bloco precario no 1º de maio, no enlace na Indymedia podedes ver ademais algunhas fotos.

Proxeccións "Precarity" e palestra sobre "Saúde laboral e crimes patronais"

As xornadas "A realidade da precariedade laboral e social hoxe" comezaban o venres 4 de abril no C.S. "A Revolta" coa proxección de varios documentais do DVD "Precarity". A estes vídeos achegáronse ao redor dunhas 20 persoas que puideron visionar as accións de grupos que loitan en diferentes territorios contra a precariedade.

Mesa redonda en Coia: "Precariedade e exclusión"

O pasado sábado 12 de abril finalizaban as xornadas "A precariedade laboral e social hoxe" organizadas polas precarias cunha mesa redonda en Coia.

Xuntámonos ao redor de trinta persoas no que foi unha tarde de reflexión e diálogo.

Mani nacional de Galiza Nom Se Vende

O pasado domingo 18 de fevreiro tivo lugar a segunda mani nacional da rede Galiza nom se vende. Umhas 10.000 pessoas asistimos a visivilizaçom conjunta do trabalho de defessa do território que a um nível local e de solidariedade reticular mutua vén-se dando entre os colectivos-nodos que a integram.

As Precarias em Luita portamos umha faixa antiTAV no percorrido, apostando pola linha da nossa campanha polo dereito social a um transporte público gratuito e a um outro modelo de mobilidade -repartíndo-se também trípticos-.

Palestra sobre a loita contra o Tren de Alta Velocidade en Euskadi

O sábado 17 Precarias contou coa presencia de J. Rodríguez Hidalgo, membro da asemblea anti-TAV de Euskadi na Cova dos Ratos. Nun ambiente distendido e participativo, describiu diacrónicamente a evolución da asemblea: orixe, redes previas, estratexia e realidade actual, proxectos cara ao futuro...e esbozou unha crítica holista contra o actual modelo de mobilidade.