Xornadas sobre precariedade "A realidade da Precariedade Laboral e Social hoxe"

Precarias en Loita organiza estas xornadas co título "A realidade da Precariedade Laboral e Social hoxe", as actividades son:

- Proxección de partes do documental "Precarity": recopilación de vídeos sobre a resistencia inesperada e moitas veces invisíbel das precarias en loitas por impoñer novos dereitos sociais, a través de novos e non tan novos modos de acción colectiva. O venres 4 de abril ás 20:30 no C.S. A Revolta.

- Palestra: "Saúde Laboral e Crimes Patronais" a cargo do Secretario comarcal de Saúde Laboral da CIG en Vigo (esta persoa da a charla con fins formativos e informativos, non ven a falar en nome da CIG nin con fins proselitistas). Xoves 10 de abril ás 20:30 no C.S. A Cova dos Ratos.

- Mesa redonda sobre "Precariedade e Exclusión", coa participación de Milagros da Asociación Multicultural de Mulleres de Vigo, Luis Cendón do IMÁN grupo de autoapoio VIH/SIDA e adiccións, e unha persoa traballadora en Telemárketing. O sábado 12 de abril ás 19:00 no salón de actos da parroquia do Cristo da Victoria en Coia.